PSA e CTAG focalizarán en Vigo o avance da fábrica intelixente

As firmas impulsarán xunto aos seus provedores un prototipo que ensaiará a aplicación das novas tecnoloxías


O clúster de automoción de Galicia presentou esta mañá o concepto de fábrica 4.0 que aplicarán nos próximos dez anos na industria. PSA e CTAG foron os protagonistas desta conferencia, na que anunciaron que se ensaiará a aplicación das novas tecnoloxías nun centro. Deste teranse máis datos o 1 de febreiro, cando os especialistas do sector reúnense. Ata o momento hai 10 empresas interesadas en participar.

O concepto de fábrica intelixente pretende volver máis eficiente a produción das empresas e asegurar a personalización do produto a cada usuario. A robotización das empresas irá en aumento para flexibilizar a produción da fábrica. Segundo anunciou Patrice Peslier, director de arquitectura do  sistema industrial de PSA, camiñarase cara a empresa que poida multiplicar por dúas ou dividir á metade a súa produción segundo as necesidades do mercado.

Na xornada participaron as empresas provedoras, gran parte delas asentadas na área Balaídos e os polígonos do Porriño ou Mos. Todos estes socios comerciais deberán adaptarse tamén ás necesidades de PSA para poder implantar nos próximos 5 ou 10 anos esta nova forma de entender a industria.

Fonte: La voz
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario